Estado de quen sente gran satisfacción ou contento coas circunstancias da súa vida.
FILOSFin último e ben supremo do home segundo a filosofía clásica. Segundo o eudemonismo, teoría representada por Aristóteles, acádase mediante a razón; segundo o estoicismo, representado por Zenón ou Séneca, mediante o dominio da dor e das paixóns; e segundo o hedonismo, pensamento defendido por Epicuro de Samos, mediante o pracer. Na filosofía moderna, o utilitarismo considera que os homes teñen sentimentos sociais e que se son satisfeitos son unha fonte de pracer.
sfCousa, situación ou acontecemento que causa gran satisfacción e contento.