sfCada un dos estados sucesivos polos que pasa unha cousa durante o seu desenvolvemento.
sfASTRONCada un dos aspectos baixo os que se observa o disco brillante dun corpo celeste, especialmente da Lúa e dos planetas.
sfBIOLCada un dos estados sucesivos polos que pasa un organismo vivo durante o seu desenvolvemento.
sfLINGCada un dos tres momentos articulatorios característicos de calquera emisión fónica da fala, intensión, tensión e distensión.
fase escuraBIOQConxunto de reaccións do proceso de fotosíntese que poden ter lugar en ausencia de luz.
fase estacionariaMICROBPeríodo polo que pasa un cultivo de microorganismos, tras a inoculación do medio, no que practicamente non hai crecemento.
fase exponencialMICROBPeríodo de crecemento dun cultivo de microorganismos, posterior á fase estacionaria, no que o aumento do número de células é constante e máximo.
fase luminosaBIOQConxunto de reaccións do proceso de fotosíntese que necesitan luz para poder ter lugar.
sfFÍS
Cada unha das magnitudes sinusoidais dun sistema polifásico.
Cada un dos condutores dunha liña ou aparato polifásico ou dos bornes correspondentes.
sfQUÍMParte dun sistema formada por un número calquera de compoñentes, homoxénea e cuns límites ben determinados que a separa das outras partes do sistema e do resto do universo, como por exemplo as fases sólida, líquida e gasosa.
sfMATArgumento das funcións sinusoidais (seno ou coseno), dependentes do tempo, que se empregan para describir a elongación dun movemento harmónico ou o valor dunha magnitude variable en corrente alterna.
fase tectónica/de dobramentoXEOLConxunto de manifestacións tectónicas que afectan a unha rexión xeolóxica e que se poden separar en tempos.