extremo -ma

< lat extrēmu
Pliral: extremos Masculino: extremo Masculino plural: extremos Femenino: extrema Femenino plural: extremas
  1. adx Aplícase ao límite ao que chega ou pode chegar unha cousa. Tm s m.
  2. adx
    1. Que está ao comezo ou ao final de algo. Tm s.
    2. FILOS Aplícase, en lóxica, aos termos maior e menor dun siloxismo.
  3. adx Que está no lugar máis afastado con relación a un punto de referencia.
  4. adx Que é moi grande ou moi intenso.
  5. s m Lugar máis afastado con relación a un punto.
  6. s DEP Membro da liña de ataque dun equipo deportivo que ocupa a demarcación máis próxima ás bandas do terreo de xogo.
  7. s m MAT Punto dunha función onde hai un máximo ou un mínimo.
  8. extremo cohesivo XEN Cada un dos fragmentos autocomplementarios de ADN de cadea sinxela, situados no extremo dunha molécula deste ácido.
  9. extremo distal ARQUEOL Extremo dunha lasca que ocupa o lugar oposto ao talón ou extremo proximal.
  10. extremo romo XEN Cada un dos extremos que se orixinan nunha molécula de ADN cando un encima de restrición corta o duplicado de xeito simétrico.

Confrontaciones

Citas

  • Cada un colleu a táboa por un extremo
  • Colócao na parte extrema da mesa, Produciuse un grave conflicto no Extremo Oriente
  • Déitate no outro extremo da cama que este é o meu sitio
  • Demostrou unha alegría extrema ao vernos, O frío foi extremo este inverno
  • O cabo extremo da rede enleouse
  • Os manifestantes da extrema esquerda enfrontáronse coa policía
  • Os seus nervios chegan a un extremo que non se poden aturar
  • Tomaron medidas extremas para evitar as revoltas

Frases hechas

  • En extremo. Moi ou moito.