radical

< lat radīce ‘raíz’
Pliral: radicais
  1. adx Relativo ou pertencente á raíz ou que procede da raíz.
  2. adx Que é esencial ou fundamental.
  3. adx Que é tallante e intransixente.
  4. POLÍT
    1. adx Relativo ou pertencente ao radicalismo.
    2. s Membro ou seguidor do radicalismo.
  5. MAT
    1. adx Aplícase á cantidade ou expresión afectada polo signo ?.
    2. s m Signo ? empregado para indicar a raíz enésima dunha cantidade ou expresión. Indícase nel ademais o índice n da raíz, excepto se n = 2 (raíz cadrada).
    3. centro radical Punto que ten a mesma potencia respecto a tres circunferencias.
    4. eixe radical Recta formada polos puntos que teñen a mesma potencia respecto a dúas circunferencias.
  6. LING
    1. adx  
    2. s m Cada unha das formas tomadas pola raíz dunha palabra, que poden ter realizacións diversas, mediante a anexión de desinencias gramaticais.
  7. s m QUÍM Grupo de átomos derivado formalmente dun hidrocarburo por perda dalgún átomo de hidróxeno, e que aparece como substituínte dun grupo funcional na cadea principal dunha molécula.