esquema

< lat schema gr σχ ῆ μα ‘forma, figura’
Pliral: esquemas
  1. s m Resumo de algo no que se recollen as súas liñas básicas ou as características máis salientables dunha idea, proxecto ou explicación.
  2. s m Debuxo ou representación gráfica que se fai para dar idea dunha cousa e no que se atende aos seus caracteres esenciais.
  3. FILOS
    1. s m Forma baixo a que se representa un concepto intelectual.
    2. esquema conceptual Conxunto de conceptos e proposicións que achegan o marco para describir e explicar elementos dunha determinada materia e os criterios para recoñecer os fenómenos anómalos e necesitados de explicación.
    3. esquema transcendental Representación intermediaria, na filosofía de I. Kant, entre o fenómeno e as categorías.
  4. esquema de coñecemento PSIC/PEDAG Estruturación mental dunha aprendizaxe.
  5. esquema eléctrico FÍS Plano das liñas de conexión e das conexións entre os distintos elementos, representados por símbolos convencionais normalizados que constitúen un circuíto ou un conxunto de circuítos eléctricos.

Confrontaciones

Citas

  • Fixo un esquema do traballo que tiña que facer
  • Fíxonos un esquema para poder chegar ao sitio, O esquema representa a órbita dos planetas
  • Ó rematar de estudiar o tema fixo un esquema para recordalo