ermitán -tá

Pliral: ermitáns Masculino: ermitán Masculino plural: ermitáns Femenino: ermitá Femenino plural: ermitás
  1. s Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.
  2. s Persoa que coida dunha ermida ou santuario.
  3. s m ANIMAL Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal, no cefalotórax.

Formas incorrectas

ermitana

Palabras vecinas