erosión

< lat erosĭōne ‘roedura’
Pliral: erosións
  1. s f Desgaste producido na superficie dun corpo polo rozamento con outro.
  2. XEOG
    1. s f Conxunto de procesos que sofren as rochas e que modifican o seu aspecto orixinal. Os principais axentes erosivos son o vento, a auga, a amplitude térmica e a acción dos seres vivos.
    2. erosión diferencial Erosión que afecta a materiais de distinta dureza, de xeito que o menos resistente a un determinado axente de erosión resulta máis afectado.
  3. PAT
    1. s f Destrución ou ulceración dun tecido orgánico provocada pola fricción, compresión e a corrosión.
    2. erosión dentaria Desgaste progresivo dos dentes que comeza no esmalte e se estende á polpa.
  4. erosión xenética XEN Perda gradual de diversidade xenética entre ou dentro dunha poboación.