adxQue equivale ou posúe o mesmo valor ou características.
adxMATAplícase á figura ou ao corpo que ten a mesma área ou o mesmo volume pero unha forma diferente á doutro.
smHISTTributo establecido por Filipe V en València (1717) e Aragón (1718) como imposto directo e único sobre a riqueza.
equivalente de humidadeXEOLAuga que queda adherida ás partículas do solo despois dunha centrifugación de mil veces a aceleración da gravidade.
equivalente electroquímicoQUÍMPeso en gramos do elemento ou composto liberado electroliticamente polo paso dun coulomb cunha eficiencia de corrente do 100%.
equivalente gramoQUÍMPeso en gramos dunha substancia que libera ou se combina cun mol de protóns, en caso de reaccións ácido base, ou cun mol de electróns, no caso de reaccións redox.
equivalente mecánico da calorFÍSFactor que relaciona as unidades caloríficas e as unidades mecánicas da enerxía. Segundo esta equivalencia, 1 caloría=4,186 joules, ou ben, 1 kcal=427,1 kpm.