equivalencia acústicaLINGConfusión entre dúas ou máis realizacións fonemáticas que teñen, polo menos, un trazo distintivo común, de punto ou de modo de articulación, e que explican algunhas evolucións diacrónicas anómalas.
relación de equivalenciaMATRelación binaria entre os elementos dun conxunto que permite establecer unha clasificación destes elementos de tal maneira que quede cada un nunha clase, denominada de equivalencia, e estas clases non teñan ningún elemento común.
equivalencia funcionalLINGRelación de igualdade funcional que se dá entre dous ou máis membros oracionais que poden intercambiarse a causa da súa función común sen que os seus valores semánticos ou estilísticos sexan necesariamente idénticos, e que é sempre viable dentro dun contexto determinado.