alborada

< albo
Pliral: alboradas
  1. s f Tempo que transcorre desde o resplandor da alba ata a saída do sol.
  2. s f MÚS Forma musical esencialmente instrumental tipicamente utilizada no albor dos días de festa, anunciándoa.
  3. s f MÚS Paseo dun grupo facendo música polas rúas.
  4. s f LIT Composición poética de orixe popular, a miúdo cantada, que expresa sentimentos, relacionada coa aparición da mañá e que foi recollida e reelaborada pola poesía culta.
  5. s f BÉL Toque militar realizado xeralmente coa corneta ao mencer, sempre previo ao izamento da bandeira.
  6. lance de alborada MAR Acción que se realiza no momento de claridade tenue anterior ao día.

Citas

  • Desfilou a alborada coa ledicia dos rapaces nas facianas
  • Espertei na alborada e fiquei marabillado polo sol
  • Tralo toque da alborada, espertaron os soldados