dureza

< lat duritĭa
Pliral: durezas
  1. s f Calidade de duro.
    1. s f XEOL Resistencia dunha substancia a ser relada.
    2. s f TECNOL Conxunto de propiedades mecánicas dos materiais sólidos que indican a resistencia que exercen á deformación ou a seren raiados.
    3. ensaio de dureza Procedemento para determinar a dureza dun material que se refire a unha escala convencional.
  2. s f PAT Induración circunscrita da epiderme que está formado por unha acumulación de células estratificadas da capa córnea da fricción ou da presión prolongada e repetida.
  3. s f ARTE
    1. Ausencia de harmonía nos contornos.
    2. Oposición forte entre as cores.
  4. s f IMAX Grao de contraste entre os brancos e os negros nun positivo ou entre as zonas claras e as opacas nun negativo.
  5. dureza da auga QUÍM Calidade da auga dura que se debe ao seu contido de ións de metais pesados, principalmente de ións de calcio e magnesio.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • Este material ten unha dureza abraiante, Trata con moita dureza os seus fillos

Palabras vecinas