DERDelito consistente na oposición ou rebeldía, manifestada con actos externos, a un axente da autoridade.
sfPoder ou capacidade de resistir.
sfFISIOLMecanismo de defensa natural que posúe un individuo para defenderse dun axente patóxeno, nocivo ou tóxico e evitar así a aparición da enfermidade.
sfTECNOLPropiedade que teñen os corpos de soportar a acción de axentes, físicos ou químicos, sen romper ou deformarse.
sfPSICConxunto de forzas psicolóxicas que, nun doente, se opón á súa cura.
resistencia de materiaisTECNOLRama da técnica mecánica que ten por obxecto a determinación das dimensións que teñen que ter as pezas ou os elementos das máquinas ou das construcións, de acordo coa súa forma, os materiais con que están feitos, os esforzos que teñen que soportar ou as condicións de traballo.
sfForza que se opón á acción doutra.
sfAUTOMForza que se opón ao avance dun automóbil e que é a suma da resistencia que opón o aire e a resistencia de rodaxe, que é producida polo rozamento das rodas sobre o chan.
sfAERONForza que opón o aire ao avance dunha aeronave no seo da atmosfera.
sfFÍSForza que cómpre vencer, nunha máquina simple, mediante a aplicación de potencia.
resistencia acústicaFÍSCompoñente real da impedancia acústica que, na propagación do son, expresa a propiedade atenuadora do medio.
resistencia ambientalECOLConxunto de factores ambientais bióticos e abióticos do medio que tenden a diminuír a supervivencia dos organismos vivos.
FÍS
sfOposición que presenta un corpo ao paso da corrente eléctrica e que provoca que a enerxía eléctrica se transforme en calor. A unidade de medida é o ohm.
resistencia efectivaCompoñente real do vector impedancia en corrente alterna, igual ao cociente entre a compoñente da tensión en fase coa corrente e esta corrente.
resistencia aparenteimpedancia.
resistencia específicaresistividade.
resistencia internaResistencia propia dun xerador ou dun dispositivo electrónico.
FÍS
sfElemento caracterizado polo feito de posuír unha determinada resistencia fixa e constante.
resistencia magnéticarelutancia.
resistencia non linealResistencia que non obedece á lei de Ohm.
sfPOLÍTOposición ás forzas invasoras dunha potencia estranxeira ou ben ao poder establecido no propio país cando se fai totalitario ou inxusto.
Refranes
Ata a morte, pe forte.
Non hai terra tan brava que resista ao arado, nin hai home tan manso que queira ser mandado.