doncela

< lat v *domnicĕlla, dim de domĭna ‘señora’
Pliral: doncelas
  1. s f LIT Moza nova que está solteira.
  2. s f Criada que serve directamente á señora e que fai os labores que non teñen que ver coa cociña.
  3. s f ANIMAL/ICT Peixe mariño, da familia dos lábridos, cuberto de escamas moi pequenas. O macho é de cor amarela verdosa e a femia ten o dorso de cor acastañada ou vermella e a zona ventral branca.

Citas

  • Unha doncela servía o café

Refranes

  • A doncela debe ter a súa nai cabo dela.
  • A que é doncela, sábeo Deus e máis ela.

Palabras vecinas