smPlenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material.
dominio absolutoPlenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.
dominio públicoConxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servizo público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade.
dominio útilConxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.
smTerra da que se posúe a autoridade ou a propiedade.
smDERTerritorio que un soberano ou un Estado ten baixo o seu poder.
smBOTDivisión fitoxeográfica que equivale a provincia.
smHISTGrande explotación agrícola que constituía unha das partes en que se dividían os territorios feudais, base da organización económica do réxime señorial.
dominio climácicoBOTTerritorio en que a vexetación tende a un mesmo clímax.
smCampo dunha ciencia ou dunha actividade intelectual ou artística.
smBIOQRexión particular dentro da estrutura terciaria dunha proteína.
dominio de definiciónMATConxunto de puntos en que está definida unha función.
dominio espectralFÍSParte do espectro dunha radiación electromagnética e, en xeral, parte dun espectro.
dominio lingüísticoLING
Coñecemento profundo dunha lingua que se manifesta na súa análise e no seu uso.
Territorio en que se fala unha lingua ou un dialecto.