ablación

< lat tardío ablātiōne ‘acto de tirar’
Pliral: ablacións
  1. s f MED Operación cirúrxica que consiste en extirpar unha parte danada do corpo.
  2. s f ASTRON Sublimación do material protector dun dispositivo debido a altas temperaturas.
  3. s f XEOL Degradación e nivelación dun relevo pola acción do vento.
  4. XEOL
    1. s f Perda de xeo sufrida por un glaciar debido a procesos de fusión ou sublimación.
    2. zona de ablación Parte terminal dun glaciar en que dominan os procesos de ablación.