abkhazo-adigueo

  1. adx Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.
  2. s m LING Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo e o ubikh. Caracterízanse pola pobreza do sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do consonantismo.

Palabras vecinas