diverxencia

< diverxer
Pliral: diverxencias
  1. s f Acción e efecto de diverxer.
  2. s f Falta de acordo entre distintas persoas.
  3. s f BOT Ángulo que forman os planos teóricos de dúas follas consecutivas.
  4. s f LING Fenómeno polo que dúas ou máis linguas ou variedades lingüísticas que teñen unha orixe común evolucionaron ata presentar estruturas diferentes.
  5. MAT
    1. s f Calidade de non converxente.
    2. s f Operador diferencial que lle asigna a unha función vectorial V(x) a cantidade escalar:


      en que Vλ, Vy e Vz son os compoñentes de V(x).
    3. teorema da diverxencia teorema de Gauss.
  6. s f METEOR Afastamento dos fluxos das masas de aire a partir dun punto determinado.
  7. s f FÍS Produción autoalimentada de neutróns nun reactor nuclear, por unha reacción en cadea.
  8. diverxencia evolutiva BIOL Evolución diferencial dos grupos de organismos descendentes dun mesmo antepasado, que leva ao desenvolvemento de estruturas ou caracteres diferentes.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Hai diverxencias entre os membros do partido