converxencia

< converxer
Pliral: converxencias
  1. s f
    1. Acción e efecto de converxer.
    2. Lugar ou punto no que converxen dúas cousas.
  2. s f MAT Calidade de converxente.
  3. s f FÍS Inversa da distancia focal dun sistema óptico que se mide en dioptrías. OBS: Tamén se denomina potencia.
  4. s f FÍS Calidade dun feixe de raios que xorden ou se cruzan nun punto determinado.
  5. s f LING Fenómeno polo que dúas linguas de sistemas non emparentados xenealoxicamente chegan a posuír estruturas semellantes.
  6. converxencia atmosférica METEOR Acumulación de aire nun sector da atmosfera como consecuencia de movementos horizontais.
  7. converxencia das rodas TECNOL Dispositivo das rodas dianteiras dun automóbil, converxentes no sentido da marcha.
  8. converxencia económica europea ECON Proceso de achegamento das economías dos estados membros da Unión Europea para conseguir a súa integración e constituír a unión económica e monetaria de Europa.
  9. converxencia evolutiva BIOL Fenómeno biolóxico polo que organismos pertencentes a grupos sistemáticos diferentes desenvolven caracteres, funcións ou órganos semellantes que dan lugar a analoxías.

Antónimos