diferenciación

< diferenciar
Pliral: diferenciacións
  1. s f Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.
  2. s f MAT Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.
  3. s f BIOL Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas.
  4. XEOL
    1. diferenciación metamórfica Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.
    2. diferenciación magmática Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa.
  5. diferenciación evolutiva fisiolóxica BIOL Presenza nas especies de características morfolóxicas idénticas aparentemente, pero diferentes na súa fisioloxía.
  6. diferenciación social SOCIOL Proceso mediante o que os individuos ou grupos adquiren funcións diferentes e especializadas co seu correspondente status.

Confrontaciones

Citas

  • Antes do exame de literatura o profesor fixo unha pequena diferenciación entre o que é tema e argumento