PATCambios producidos nas células, tecidos ou organismos que se manifestan polas modificacións da estrutura morfolóxica, física ou química.
BIOLRedución ou perda dun órgano ao longo da evolución.
dexeneración da enerxíaFÍSPropiedade dun sistema pola que hai diferentes estados que teñen a mesma enerxía. O número de estados dun destes niveis de enerxía é a dexeneración do nivel.
dexeneración macularPATTrastorno progresivo do tecido retiniano que corresponde á mácula lútea, e que se produce por unha descomposición parcial da capa illante entre a retina e a coroide.
dexeneración mentalPATDebilitamento da intelixencia e da consciencia que pode producir tamén transtornos volitivos e afectivos.