corrupción

< lat corruptĭōne
Pliral: corrupcións
  1. s f Acción e efecto de corromper ou corromporse.
  2. s f DER Delito consistente no suborno de funcionarios públicos.
  3. corrupción de menores DER Delito contra a honestidade consistente na promoción, favorecemento ou facilitación da prostitución ou corrupción dun menor de idade.
  4. corrupción dun texto ARQUIV Alteración dun texto por causa das sucesivas copias erradas que del se fixeron, da inclusión de emendas, ampliacións ou resumos do orixinal ou por calquera causa, de xeito que resulta imposible restituír o sentido primitivo con certeza.
  5. corrupción lingüística LING Deterioro que unha lingua pode sufrir cando non se utiliza para todas as necesidades comunicativas dos individuos que a falan e, polo tanto, é incapaz de satisfacer algunhas destas necesidades.

Confrontaciones

Refranes

  • A merda, canto máis se remexe, máis fede.
  • Cando é moita a merda, moito cheira.
  • O mellar viña vólvese vinagre.