determinación

< lat determinatĭōne
Pliral: determinacións
  1. s f Acción de determinar.
  2. s f Cousa que se decide facer.
  3. s f Actitude de quen é firme á hora de decidir facer algunha cousa.
  4. BIOL
    1. s f Proceso mediante o que os organismos tenden a un determinado desenvolvemento por un camiño específico.
    2. determinación celular Proceso mediante o que unha célula indiferenciada comeza especificamente un camiño de diferenciación.
    3. determinación embrionaria Proceso polo que as células e os tecidos embrionarios se desenvolven nunha dirección única para constituír no organismo adulto unha determinada clase de células e de tecidos.
    4. determinación sexual Conxunto de distintos procesos biolóxicos que conducen á distinción sexual entre machos e femias nunha especie.

Sinónimos

Citas

  • A súa firme determinación salvounos a vida a todos, Enfrontouse á súa enfermidade con moita determinación
  • O xuíz tomou a determinación de deixalo libre