sfDecisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.
resolución ordinariaActo ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.
resolución xudicialDeterminación tomada polos tribunais de xustiza.
sfCalidade da persoa que se amosa decidida e que actúa con seguridade.
sfMATProcedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.
sfINFORM/TECNOLCapacidade dun dispositivo visualizador para representar puntos distintos das dimensións máis reducidas posibles.
poder/límite de resoluciónFÍSDistancia mínima entre dous puntos, ou ángulo mínimo entre dous raios que entran nun sistema óptico dado, tales que as imaxes producidas por cada un deles se distinguen unha da outra.