adxAplícase ao lugar que non está habitado ou onde non hai ninguén.
XEOG
smRexión deshabitada pola poboación humana, xeralmente a causa das condicións adversas do medio natural, como poden ser as condicións climáticas extremas.
deserto áridoDeserto caracterizado pola extrema sequidade atmosférica, provocada pola persistencia de células anticiclónicas.
deserto costeiro/ peruanoDeserto orixinado polas correntes mariñas frías.
deserto de abrigoDeserto situado a sotavento dunha gran cordilleira, de xeito que as masas de aire perden a súa humidade mentres ascenden pola vertente de barlovento.
deserto fríoDeserto propio das zonas circumpolares e dos límites inferiores das neves perpetuas nas altas montañas.
adx
Aplícase á poxa, concurso ou premio ao que non concorre ninguén.
Aplícase ao premio que non se adxudica porque non se presentaron aspirantes ou porque os presentados non posúen suficientes méritos.
adxDERAplícase ao recurso interposto pero non presentado en tempo e forma polo recorrente.
smRELIXNome dado, en lembranza de san Xerome e doutros Padres da Igrexa, ás ermidas, conventos e mosteiros dalgunhas ordes relixiosas, situadas en despoboados.
Padres do desertoRELIXAnacoretas cristiáns, entre eles Antón oGrande ou Pacomio, que configuraron unha espiritualidade de recollemento, renuncia ao mundo e penitencia.
Citas
Algunhas aldeas de Galicia están desertas, Moitas cidades no período de vacacións quedan desertas
Frases hechas
Falar/Predicar no deserto. Suxerir ou explicar algo a quen non quere atender ou entender.