descendencia

< lat descendentĭa
Pliral: descendencias
  1. s f Feito de descender un ser vivo doutro.
  2. s f Conxunto de membros que proveñen dun único individuo.
  3. s f ETN Organización familiar, por grupos de parentes, pola que se establece unha serie de dereitos e obrigas en función da súa adscrición a un grupo, formado polos seus parentes ou por unha parte destes.
  4. proba de descendencia XEN Método que utiliza o estudo da descendencia dun proxenitor para coñecer o seu valor xenético.
  5. teoría da descendencia BIOL Fundamento da bioloxía que, baseándose na mutabilidade das especies, proclama que as formas máis sinxelas deron lugar ás máis complexas.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • A avoa fixo unha festa con toda a súa descendencia, Pouco despois de casar xa tiveron descendencia