sfUnidade taxonómica de rango inferior á de especie e caracterizada pola uniformidade xenética respecto a determinados caracteres.
sfFamilia á que pertence unha persoa e antepasados dos que descende.
sfSOCIOL/RELIXConxunto de cidadáns que teñen uns privilexios determinados. O sistema de castes é un fenómeno exclusivamente hindú, pero vinculado ás divisións funcionais e rituais orixinadas pola penetración de grupos de orixe indoeuropea durante o II milenio a C.
sfCalidadade ou natureza dun animal ou cousa.
sfENTOMGrupo de función especializada nos insectos sociais.
A caste das ovellas que mercamos non o convencía moito, Sementaron uns feixóns de moi boa caste, Compraron unha becerra de mala caste
Esta maceira é dunha caste diferente á que enxertamos o ano pasado
Polo carácter ben se lle nota que é da caste dos do Parrulo, Está moi orgulloso da súa caste, A caste dos Soutomaior deu personaxes ilustres na historia de Galicia