sfSeparación entre dúas cousas próximas ou entre dúas partes dunha mesma cousa.
sfEspazo baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.
sfLINGTreito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.
sfBOTPoro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.
sfFÍSMagnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que penetran nun instrumento óptico.
A abertura dunha nova canle de comunicación vai ampliar a visión informativa dos espectadores
Ese caldeiro perde auga pola abertura que ten no fondo, Os bombeiros tiveron que facer unha abertura na parede do edificio para rescatar os superviventes
Están proxectadas dez aberturas para esa casa nas que se colocarán outras tantas ventás