mAbertura ou cavidade realizada en calquera superficie e que pode traspasala de lado a lado.
mFÍSacante que deixa un electrón dun elemento semicondutor ao cambiar de nivel enerxético, facendo que o elemento se comporte como un condutor.
ASTRON
buraco brancoEntidade astronómica hipotética que sería unha fonte continua de materia e radiación, localizada nun punto singular do espazo-tempo. A materia e a radiación provirían dun buraco negro situado noutro lugar do espazo-tempo.
buraco negroCorpo astronómico que se caracteriza por ter unha densidade moi elevada e un intenso campo gravitatorio que impide que se escape a luz. Constitúe o derradeiro estadio da vida dunha estrela de gran masa.