aberto -ta

Pliral: abertos Masculino: aberto Masculino plural: abertos Femenino: aberta Femenino plural: abertas
  1. p irreg abrir.
  2. adx Que sufriu abertura.
  3. adx Que permite o paso.
  4. adx Que non presenta obstáculos.
  5. adx Que está falto de protección ou defensa.
  6. adx Que se pode utilizar ou é de uso libre.
  7. adx Que se comunica co exterior.
  8. adx Que presenta unha fendedura.
  9. adx
    1. Que manifesta unha actitude comprensiva e receptiva fronte a situacións ou criterios diversos.
    2. Que se comunica facilmente cos demais, establecendo unha relación sincera e franca.
  10. adx Aplícase ao grupo, unha asemblea ou outra agrupación calquera onde non hai límite de participación.
  11. adx LING Que en posición tónica se realiza, articulatoriamente, mediante unha separación intermaxilar ou linguopalatal que crea unha maior abertura para a saída do aire.
  12. adx FÍS Que non permite o paso da corrente eléctrica.

Frases hechas

  • Aberto de man. Persoa xenerosa.
  • Aberto de par a par / aberto de pao a pao. Aberto por completo.
  • Aberto de xenio Persoa franca.
  • Quedar coa boca aberta. Quedar abraiado ou aparvado por algo.