sfSinal formada por dous trazos que se cruzan perpendicularmente e que se emprega con distintos valores.
sfHISTInstrumento de suplicio formado por un pau vertical e un traveseiro horizontal onde morrían os criminais atados ou cravados polas súas extremidades.
sf p extARTEMonumento, obxecto artístico ou figuración plástica que representa a cruz de Cristo.
cruz de altarRELIX/ARTECruz de tamaño pequeno que se asenta sobre un pé de variadas formas para apoiala sobre o altar.
cruz peitoralCruz que levan os bispos sobre o peito, como sinal da súa autoridade.
cruz procesionalRELIX/ARTECruz que ten a función de abrir a marcha nas procesións.
sfNUMISReverso dunha moeda.
sfPadecemento moral ou físico que é causa de sufrimento para alguén durante moito tempo.
sinal da cruzRELIXXesto en forma de cruz que se fai sobre un mesmo ou sobre outra persoa.
cruz dos cadrísANATParte do lombo en que os ósos das extremidades inferiores se cruzan coa columna vertebral.