crustáceo -a

< lat crusta ‘cotra, codia’
Pliral: crustáceos Masculino: crustáceo Masculino plural: crustáceos Femenino: crustácea Femenino plural: crustáceas
  1. ANIMAL
    1. adx Relativo ou pertencente aos crustáceos.
    2. s m Artrópodo do subfilo dos crustáceos.
    3. s m pl Subfilo de artrópodos mandibulados, con representantes principalmente acuáticos, que presentan o corpo dividido en cefalotórax e abdome dotados de apéndices birrámeos.
  2. adx BOT Aplícase ao talo dunha gran parte dos liques que carecen de córtex inferior e que viven fortemente adheridos á superficie do substrato.

Citas

  • As defensas crustáceas de certos animais poden ser moi sofisticadas

Palabras vecinas