corta

< cortar
Pliral: cortas
    1. s f Acción e efecto de cortar árbores ou froitos.
    2. corta de mellora Labores de corta aos que se somete unha masa forestal para eliminar as árbores que non obedecen a uns criterios previos.
    3. corta selectiva Labores de corta aplicados a unha masa forestal pola que se pretende favorecer a reprodución natural da mesma.
  1. s f ANIMAL
    1. Roedor dos xéneros Microtus, Cletrionomys ou Chionomys, da subfamilia dos microtinos de corpo e pescozo grosos e patas e cola curtas. Caracterízase porque os dentes médranlle continuamente. Son animais gregarios de vida subterránea.
  2. s f ANIMAL/ENTOM Insecto, da familia dos grilotálpidos, de corpo groso acastañado, cuberto de pelos finos e patas anteriores modificadas para escavar.
  3. s f Rego por onde se distribúe a auga para regar.

Palabras vecinas