corso

< lat cursu ‘carreira’
Pliral: corsos
  1. s m HIST Campaña naval emprendida por particulares, provistos dunha autorización (patente de corso) concedida polo seu goberno, contra as naves inimigas ou a pirataría. Desde a Idade Media empregouse amplamente nas guerras entre os estados marítimos.
  2. armar en corso HIST Dispoñer convenientemente un buque mercante para accións de guerra.
  3. patente de corso
    1. HIST/DER Permiso que se lle concede a alguén para realizar unha acción xurídica.
    2. Autorización que permite actuar de acordo coa da lei do máis forte, sen atender á norma nin aos dereitos dos demais.