sfRelación establecida entre cousas que se corresponden.
sf
Comunicación entre persoas por escrito mediante o intercambio de cartas.
Conxunto de cartas, impresos e todo tipo de documentos ou envíos que circulan por medio do correo, incluídas as comunicacións telegráficas e telefónicas.
sfMATPara dous conxuntos A e B, subconxunto do produto cartesiano A ´ B onde A se chama dominio e Bimaxe.
principio de correspondenciaFÍSPrincipio que establece que o valor medio dun determinado estado cuántico ten que ser reducido, no límite (cando a constante de Planck h tende a cero), ao valor clásico da magnitude correspondente. Este principio relaciona a mecánica clásica coa cuántica.