correr

< lat currĕre
  1. v i
    1. Ir dun lugar a outro movendo as pernas con rapidez.
    2. Participar nunha carreira.
  2. v i Desprazarse a gran velocidade, especialmente un vehículo ou a persoa que o conduce.
  3. v i Facer ou querer facer algo antes do debido ou con máis apuro do que é conveniente.
  4. v i Apresurarse a facer algo de forma inmediata.
  5. v i Actuar de présa en calquera actividade.
  6. v i
    1. Moverse as cousas.
    2. Moverse un líquido nun sentido constante seguindo o seu curso.
    3. Soprar o vento.
  7. v i Transcorrer o tempo.
  8. v i Divulgarse algo.
  9. v i Encargarse alguén dalgún asunto determinado.
  10. v t Expulsar dun determinado lugar unha persoa ou animal en contra da súa vontade.
  11. v t
    1. Mover unha cousa dun lado para outro desprazándoa.
    2. Facer que se peche ou abra unha cousa movéndoa.
    3. GRÁF Facer pasar palabras desde liñas xa compostas a outras para facer algunha modificación.
  12. v t Facer un percorrido determinado.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A maior parte das coleccións de moedas están constituídas por exemplares que xa non corren
  • A serra do Galiñeiro corre cara ao S ata o monte Aloia, Para chegar á lagoa debes ir por aquel camiño que corre por entre as viñas, A mancha que tiña na fazula correulle por todo o corpo
  • Cando les corres de máis e non te enteras do que pon no libro, Non ten paciencia ningunha, fai todo a correr
  • Como non teño moitas amizades a miña correspondencia éche moi cativa
  • Como siga facendo ese tipo de negocios, corre cara á súa perdición
  • Corre as cadeiras cara á parede para facer sitio, Correulle o botón do pantalón porque engordara, Correran o ferrollo da porta e non puido entrar ata a mañá
  • Corren novas alarmantes da situación política
  • Correron a mesma sorte
  • Correron o can que se achegaba ao galiñeiro
  • Correron o conto de que andaba o lobo na vila
  • Corréuselle a tinta chinesa e estragou a lámina
  • De non facermos algo, todos correremos a mesma sorte ca el, Éche moi afeccionado ás actividades nas que se corren riscos evidentes
  • Deixa que corra a auga antes de encher o vaso
  • En canto escoita chorar o neno corre a collelo
  • Entre as palabras último e derradeiro non hai unha correspondencia perfecta, O diccionario trilingüe recolle as correspondencias dos termos entre o galego, o portugués e o castelán.
  • Mantén correspondencia co misioneiro que coñecera no Senegal
  • María correu toda Europa o ano pasado gracias ao premio da lotería
  • Na última competición na que participou correu os cen metros lisos
  • Non corras tanto que eu aínda non acabei
  • Non te preocupes, iso corre da miña conta
  • O aluguer corre dende o día no que asinamos o contrato
  • O primeiro quilómetro fíxoo correndo, o segundo xa foi camiñando, Luís acaba de saír agora mesmo, se corres aínda o colles, Botouse a correr así que se enterou da noticia
  • Os coches modernos corren máis cós antigos, Gústalle correr moito e calquera día sofre un accidente
  • Os trens corren sobre carrís de aceiro, Este bolígrafo non corre nada, queda atoado
  • Os tres anos para cobrar a débeda xa comezaron a correr o primeiro do mes pasado
  • Polo san Martiño corre un airiño xeado
  • Por fin corre o xornal que estivera censurado
  • Ten coidado e non metas o pé na auga que corre polo suco, O zume corre polo tronco das árbores
  • Vai no hipódromo para ver cómo corren os seus cabalos
  • ¡Corre as cortinas, que entra moita claridade pola fiestra!
  • ¡Olla como corren as nubes sobre os cumios nevados!

Frases hechas

  • A (todo) correr loc adv Coa maior rapidez posible,
  • Correr a voz. Difundir un rumor ou unha noticia.
  • Correr coma o sapo pola cinza. Ser pouco espilido ou algo descoidado.
  • Correr coma un raio/un foguete/ unha lebre. Correr a gran velocidade.
  • Deixar correr. Consentir, por calquera motivo, que unha cousa falsa ou prexudicial se diga ou faga.
  • Correr a cortina. Deixar de falar sobre un asunto determinado.
  • Correr a escola. Latar, faltar voluntariamente
  • Correr ben a auga polo rego. Comprender algunha cousa de forma clara.
  • Correr mundo. Viaxar moito.
  • Correr o entroido. Disfrazarse e andar de troula polo entroido.
  • Correr pola cabeza. Ter unha idea vaga ou imprecisa sobre algunha cousa.
  • Correrlle as xuntas a un/Correrlle a albarda a un. Mallar a paos unha persoa.
  • Marchar corrido coma un can. Sa
  • ¡Corre rabo tras teu amo! Expresi
Verbo: correr
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corro

corres

corre

corremos

corredes

corren

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corría

corrías

corría

corriamos

corriades

corrían

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corrín

corriches

correu

corremos

correstes

correron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correra

correras

correra

correramos

correrades

correran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correrei

correrás

correrá

correremos

correredes

correrán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correría

correrías

correría

correriamos

correriades

correrían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corra

corras

corra

corramos

corrades

corran

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correse

correses

correse

corresemos

corresedes

corresen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correr

correres

correr

corrermos

correrdes

correren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

corre

-

-

correde

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correr

correres

correr

corrermos

correrdes

correren

Gerundio

correndo

Participio

corrido

corrida

corridos

corridas