sfAsociación de persoas ligadas entre elas por unha comunidade de regras, de obrigas ou de privilexios.
sfDEREntidade de interese público constituída pola asociación permanente e obrigatoria de persoas físicas e xurídicas para a administración e defensa dos seus intereses.
corporación municipalConxunto dos edís dun concello.
retrato de corporaciónPINTRetrato de grupo característico da pintura dos Países Baixos.
Citas
A xuntanza de mozos foi organizada por distintas corporacións relixiosas