corpo

< lat cŏrpu
Pliral: corpos
    1. s m Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.
    2. s m MAT Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.
    3. corpo amarelo/lúteo FISIOL Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.
    4. corpo cavernoso ANAT Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris.
    5. corpo ciliar ANAT Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris.
    6. corpo composto QUÍM Especie química formada por máis dunha clase de átomos.
    7. corpo esponxoso ANAT Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene.
    8. corpo estraño MED Obxecto alleo ao organismo en que penetrou.
    9. corpo estriado ANAT Masa de substancia gris situada nos hemisferios cerebrais por fóra dos ventrículos laterais.
    10. corpo gris FÍS Corpo que radia unha distribución de enerxía igual á do corpo negro coa mesma temperatura, agás un factor de redución constante, que é independente da lonxitude de onda.
    11. corpo mucífero BOT Corpúsculo arredondado ou fusiforme que aparece sobre a cutícula celular das crisofíceas e das euglenofíceas.
    12. corpo mucoso de Malpighi ANAT Capa profunda da epiderme, branca, espesa e turxente, constituída polos estractos basais, espiñoso e granuloso.
    13. corpo negro FÍS Corpo ideal que absorbe todas as radiacións que recibe e que emite unha radiación determinada exclusivamente pola súa temperatura e pola lonxitude de onda incidente.
    14. corpo simple QUÍM Especie química formada por unha única clase de átomos.
    1. s m Conxunto de todas as partes materiais ou físicas que constitúen o organismo dun ser humano, animal ou vexetal.
    2. s m FILOS/RELIX Substancia material que, xunto coa alma ou espírito, integra o conxunto humano.
    3. corpo astral FILOS/RELIX Terceiro dos sete graos de corporeidade dos que consta o corpo humano.
    4. o corpo de Cristo RELIX Hostia consagrada.
  1. s m Animal ou persoa mortos.
  2. s m Parte de maior volume dunha persoa ou dun animal, constituída pola súa materia excepto pola cabeza e polas extremidades, no ser humano, ou pola cola, nos animais.
  3. s m
    1. Parte principal ou maior dunha cousa.
    2. ESCR Parte principal dun texto.
  4. s m
    1. Grosor, textura, densidade e consistencia material que presenta algunha cousa.
    2. Característica propia dos viños nos que todas as súas calidades resaltan con intensidade.
    1. s m Calquera colectivo de persoas que constitúen un organismo ou institución e que exercen unha mesma función.
    2. s m DER Conxunto dos funcionarios públicos que teñen unha regulación homoxénea respecto das condicións de acceso, carreira e funcións que se pretenden desenvolver.
    3. corpo de garda BÉL Conxunto de soldados encargados da custodia dunha posición ou de calquera dependencia militar.
    4. corpo diplomático POLÍT Conxunto dos representantes oficiais acreditados diante do goberno dun estado.
    5. corpo do exército BÉL Unidade militar superior á división e inferior ao exército.
    6. corpo xeral da armada BÉL Órgano da Mariña destinado ao mando xeral.
  5. s m GRÁF Tamaño ou altura do tipo.
  6. s m MAT Conxunto dotado de dúas operacións, suma e produto, coas seguintes propiedades: respecto da suma o conxunto ten estrutura de grupo conmutativo, mentres que respecto do produto é tamén grupo, conmutativo ou non, feito que determinará a denominación do grupo. Ademais, esíxese que a operación produto teña a propiedade distributiva respecto á operación suma.
  7. corpo do delito DER Obxecto ou medio empregado para cometer un delito ou onde existen sinais del.
  8. corpo morto MAR Obxecto somerxido que ten a misión de manter o barco nun punto fixo.

Sinónimos

Citas

  • As distintas ramas da física estudian cousas tales como o movemento dos corpos celestes, o choque dos corpos elásticos ou a caída dos corpos no baleiro
  • Compramos un armario de tres corpos, O arquitecto deseñou a obra en cinco corpos
  • Estiveron velando o corpo do pai toda a noite no tanatorio, O seu corpo estaba estricado na estrada por mor dun atropelo
  • O corpo do traballo xa se realizou e agora quedan pequenos retoques, O enxeñeiro aconsellou o derrubamento porque a greta afectaba ao corpo do edificio
  • Para que a tinta non se vexa polo outro lado precisas un papel con máis corpo
  • Uxía mercou unha americana co corpo liso e as mangas a raias
  • Van facer un funeral de corpo presente polas víctimas do accidente, Van facer un funeral de corpo presente polas víctimas do accidente

Frases hechas

  • A corpo loc adv Con pouca roupa. SIN: en c
  • Ser un corpo sen alma. Ser unha persoa apoucada.
  • A corpo de rei. Ser tratado ou vivir con comodidade unha persoa.
  • Andar/facer/dar de corpo. Defecar.
  • Botar (o) corpo. Medrar unha persoa.
  • Corpo a corpo loc adv Contactando fisicamente as persoas que combaten. Ex: Combateu corpo a corpo. OBS: Empr
  • De medio corpo. Apl
  • En corpo e alma loc adv Con moita dedicaci
  • Non andar de corpo. Estar algu
  • Ter o demo no corpo. Apl
  • Tomar corpo algunha cousa. Comezar a desenvolverse ou a facerse concreta algunha cousa.
  • Volverse o corpo. Sufrir n