sfLITComposición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.
copla casteláLITComposición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.
copla de arte maiorLITEstrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.
copla de arte menorLITEstrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.
copla de pé crebadoLITEstrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobresextilla, coplamanriqueña ou copladeJorgeManrique.
copla mixtaLITMolde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.
copla realLITEstrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décimafalsa, estanciareal ou quintilladobre.