controlador -ra

< controlar
Pliral: controladores Masculino: controlador Masculino plural: controladores Femenino: controladora Femenino plural: controladoras
    1. s Persoa que controla algunha cousa ou a alguén.
    2. controlador aéreo AERON Persoa que segue e organiza o tránsito aéreo co fin de evitar colisións, especialmente preto dos aeroportos.
  1. s m AUTOM Parte do sistema de control que regula a lei de control e xera a acción correctora. OBS: Tamén se denomina regulador ou corrector.
  2. s m INFORM Dispositivo electrónico de hardware ou programa que permite controlar o correcto funcionamento das diferentes partes dun ordenador.