contaminante

< contaminar
Pliral: contaminantes
  1. adx Que contamina.
  2. ECOL
    1. s m Substancia estraña ou que se dá en exceso nun organismo ou nun ecosistema.
    2. contaminante de alimentos Produto químico ou material biolóxico que se incorpora accidentalmente a un produto alimentario durante a colleita, o transporte, o proceso de transformación ou o de almacenamento.
    3. contaminante precursor Contaminante atmosférico primario que dá lugar, xeralmente por unha transformación fotoquímica, a un contaminante secundario.
    4. contaminante primario Contaminante que conserva a estrutura do momento de ser emitido.
    5. contaminante secundario Contaminante resultante das reaccións espontáneas que sufriron un ou varios contaminantes primarios.

Citas

  • Coa instalación da nova empresa os riscos contaminantes son cada vez maiores