cono

< lat conu gr χ ῶ νος ‘cono’
Pliral: conos
  1. MAT
    1. s m Corpo limitado polo plano, que contén a base, e pola superficie formada por todos os segmentos que teñen un dos seus extremos nun punto chamado vértice e o outro nun dos puntos da base. O volume dun cono calquera de altura h e de base de área B é V=Bh/3.
    2. cono truncado Sólido formado pola parte dun cono comprendida entre a base e unha sección transversal. OBS: Tamén se denomina tronco de cono.
  2. s m BIOL Célula neuroepitelial especializada na recepción de estímulos de luz cromática que, xunto cos bastóns, forman o neuroepitelio da retina.
  3. s m BOT Estróbilo ou piña das coníferas.
  4. s m TRANSP Elemento de sinalización de forma cónica.
  5. XEOG
    1. cono aluvial Forma de relevo sedimentario constituída por materiais aluviais nunha ruptura de pendente.
    2. cono de dexección Depósito sedimentario orixinado pola acumulación dos materiais arrastrados por un torrente na súa desembocadura.
    3. cono volcánico Forma de relevo cónica, máis ou menos irregular, constituída por materiais efusivos procedentes do interior da terra que se acumulan ao redor do cráter.
  6. cono de Abrams CONSTR Dispositivo que serve para medir a consistencia do formigón.
  7. cono de percusión ARQUEOL Relevo convexo ou saínte que se inicia nas lascas no punto de impacto do percusor sobre o núcleo.
  8. cono de redución CONSTR Peza que serve para encaixar un cano con outro de menor diámetro.
  9. cono terminal/medular ANAT Porción terminal da medula, cun vértice que chega aproximadamente ata o nivel da segunda vértebra lumbar e que se prolonga cunha estrutura moi delgada e rudimentaria (filum terminale) ata o fondo do saco raquídeo.

Sinónimos

Confrontaciones