bastón

< lat bastu ‘bastón’
  1. m ara de madeira, xeralmente con puño, para levar na man e apoiarse ao camiñar.
  2. m fig Caxato que se utiliza como insignia de mando ou autoridade.
  3. m DEP Instrumento alongado e manexable que se emprega para practicar algúns deportes como o golf ou o esquí.
  4. m FISIOL Un dos dous tipos de células receptoras visuais situadas na retina dos vertebrados que conteñen un pigmento fotosensible, a rodopsina.
  5. m HIST Un dos máis importantes símbolos de autoridade e honor entre os exipcios e os mesopotámicos.
  6. PREHIST
    1. m Instrumento prehistórico de óso ou de corno, cun burato ou dous a cada un dos extremos, a miúdo decorado con incisións.
    2. bastón perforado Obxecto moble fabricado sobre un fragmento de asta de cervo que presenta unha perforación nun dos extremos, acotío na galla.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Dáme pena, tan nova e xa ten que usar bastón