condena

< condenar
Pliral: condenas
  1. s f Clase e extensión dunha pena.
  2. s f DER Parte decisoria da sentenza en que se impón ao acusado unha obriga.
  3. s f Posicionamento en contra de algo.
  4. condena con custas DER Pronunciamento da sentenza que obriga a un dos litigantes, o que actuou con temeridade ou mala fe, a facerse cargo dos gastos xudiciais que orixina o procedemento.
  5. condena condicional DER Suspensión do cumprimento da pena imposta ao delincuente coa condición de que o suxeito non volva delinquir ou cumpra unha serie de requisitos ou cargas legalmente previstas.

Citas

  • A súa condena é ter que se levantar cedo todos os días
  • No relatorio fixo unha condena da explotación infantil