concerto

Pliral: concertos
  1. s m Acción e efecto de concertar ou concertarse.
  2. s m Harmonía de cousas dispostas ordenadamente para un fin.
  3. s m Acordo entre diversas persoas xurídicas cunha finalidade común.
  4. DER
    1. s m Modalidade do contrato administrativo de xestión de servizos públicos, polo que se encomenda esta xestión a unha persoa natural ou xurídica que realiza prestacións análogas a este servizo.
    2. concerto económico-administrativo Convenio sobre materia tributaria entre o ministerio de Facenda e determinadas autonomías ou provincias que gozan dun réxime fiscal especial.
    3. concerto para a prestación de servizos Forma de xestión indirecta dos servizos públicos na que se contrata a prestación dos servizos con outras entidades públicas ou privadas. É característica das corporacións locais.
  5. MÚS
    1. s m Audición pública ou privada de obras musicais.
    2. concerto solista Concerto característico da música barroca no que a formación do concertino está reducida a un só instrumento.