combatente

< combater
Pliral: combatentes
  1. adx Que combate. Tm s, referido a unha persoa, comunidade ou país.
  2. s m ANIMAL/ORNIT Ave limícola, da familia dos escolopácidos, que presenta a cabeza angulosa, peteiro recto e postura ergueita. En época nupcial os machos presentan unhas plumas grandes e vistosas na cabeza, no pescozo e no peito.

Citas

  • Os países combatentes firmaron o armisticio, A batalla librouse sen contar ningunha baixa entre os combatentes dos dous exércitos, Os combatentes voluntarios distiguíronse en numerosas guerras pola súa resistencia