clixé

< fr cliché
Pliral: clivaxes
  1. s m IMAX Primeira imaxe que se obtén ao facer unha fotografía, en que os tons escuros e claros se opoñen aos da realidade fotografada.
  2. s m
    1. GRÁF Prancha onde hai reproducida, en recheo, unha composición ou unha imaxe destinada á impresión tipográfica ou ao fotogravado.
    2. GRÁF Molde que serve de modelo na impresión serigráfica.
    3. FILAT Deseño do selo sobre aceiro, cobre, pedra ou caucho para logo imprimir.
  3. s m LING Expresión xurdida dun desvío estilístico en relación coa norma que, debido ao seu uso frecuente, perde os seus valores significativos e se converte nun discurso estereotipado e pouco evocador.

Sinónimos