claro -ra

< lat claru
Pliral: claros Masculino: claro Masculino plural: claros Femenino: clara Femenino plural: claras
  1. adx Que ten ou recibe moita luz.
  2. adx Que se percibe ou comprende sen confusión nin dúbida.
  3. adx Que non ten sucidade ou impurezas.
  4. adx Que non ten nubes.
  5. adx Que é de cor pouco intensa.
  6. s m Espazo baleiro entre un conxunto de cousas, especialmente espazo sen árbores nun bosque.
  7. interx Úsase para afirmar.

Confrontaciones

Citas

  • A alocución foi unha clara reivindicación feminista
  • A foto non era moi clara e escollín outra
  • A súa cabeza é máis clara ca todas as nosas xuntas, A súa clara intelixencia sempre nos axudou a comprender mellor as cousas
  • Bota o resto das mazarocas naquel claro que quedou alí, no curruncho do canastro
  • É un home moi claro, sempre chama as cousas polo seu nome
  • En matemáticas non teño problemas, o profesor é moi claro
  • O día era moi claro, así que puidemos ir ata a praia, O claro ceo animaba a saír da casa, O tempo claro acompañou as festas
  • O documento é moi claro e non deixa lugar a dúbidas, A explicación do profesor foi moi clara e ninguén fixo preguntas
  • O mar ten hoxe unha cor verde clara propia desta época estival, O ton claro deste tecido non é adecuado para facer o disfrace
  • O piso que aluguei é moi claro, ten unhas grandes fiestras por onde entra a luz
  • O tecido era tan claro que parecía que non levaba nada
  • Se non chega a ser polo claro que hai na fraga o incendio alcanzaría maiores proporcións
  • Ten unha voz ben clara, moi axeitada para ser locutor de radio
  • ¡Claro, home, claro! A vida éche un camiño de rosas e espiñas
  • ¡Dá gusto bañarse nestas augas tan claras!
  • ¡Fala claro dunha vez e déixate de rodeos!
  • ¡Tráeme un chocolate claro, por favor!