patente

< lat patente, p pres de patēre ‘estar descuberto’
Pliral: patentes
  1. adx Que é evidente, manifesto ou claro.
  2. adx BOT Aplícase ao órgano que forma un ángulo moi aberto co eixe que o soporta.
    1. s f Título librado por un soberano ou goberno superior que confire certos privilexios ou dereitos.
    2. s f DER Licenza para exercer unha profesión ou oficio.
    3. s f DER Certificado que outorga o estado polo que se recoñece o dereito a utilizar en exclusiva un invento e comercializar e vender os obxectos fabricados.
    4. patente de corso / HIST/DER patente de corso.
    5. patente de navegación DER Documento expedido polas autoridades da mariña, que autoriza unha embarcación para a navegación.
    6. patente europea ECON Sistema internacional de patentes, con validez para todos os estados asinantes do Convenio de Múnic (1973), que é regulado pola Organización Europea de Patentes.

Citas

  • O seu enfado fíxose patente cando rexeitou a invitación