clarinete

< clarín
Pliral: clarinetes
  1. MÚS
    1. s m Instrumento aerófono, xeralmente de madeira, con lingüeta simple, perforación cilíndrica e pavillón en forma de campá.
    2. clarinete de amor Instrumento da familia do clarinete aparecido no s XVIII, cuxa embocadura está separada por un tudel do corpo do instrumento, recto ou lixeiramente curvado e acabado nun pavillón esférico.
  2. s m MÚS Rexistro de órgano que imita a sonoridade do clarinete de orquestra.

Sinónimos