aditivo -va

< lat additivu
Pliral: aditivos Masculino: aditivo Masculino plural: aditivos Femenino: aditiva Femenino plural: aditivas
  1. adx Que inclúe unha adición que produce un aumento cuantitativo.
  2. s m Calquera substancia que se engade a un produto para mellorar as súas características.
  3. aditivo alimentario ALIM Substancia sen poder nutritivo que se engade aos alimentos, para conservar as súas características, evitar a alteración espontánea ou darlles características particulares de aspecto, gusto, olor ou consistencia.
  4. procedemento aditivo ARTE Procedemento de obtención da cor no cine, no que a bricomia ou a tricomia se logran por síntese aditiva ou por superposición á pantalla de imaxes de diferentes cores.
  5. propiedades aditivas QUÍM/FÍS Propiedades representadas pola suma das propiedades correspondentes dos elementos que o constitúen. A única propiedade absolutamente aditiva é a masa.

Citas

  • Merquei yogures con aditivos
  • Substancias aditivas que completan as mesturas